Ir o inicio




Comeza con    En toda a entrada    En todo o contido    Port Cast Ingl



É o primeiro dicionario normativo elaborado por Ir Indo Edicións (www.digalego.com). A editorial viguesa presenta unha nova versión que, ademais da incorporación de etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insire tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, ademais doutras diversas seccións que o converten no dicionario máis completo na actualidade na rede. Asemade, con esta nova versión, o internauta tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán ou inglés picando debaixo do idioma correspondente. Esta nova e moderna ferramenta lingüística de Ir Indo Edicións incorpora a tecnoloxía wap para poder acceder dende o móbil a través do enlace wap.digalego.com. A web conta cun novo deseño máis completo e axeitado ás características deste moderno dicionario. Como todo é mellorable agradecemos achegas e suxestións, non contestamos preguntas.

Quen somos  |  Ir Indo | Produtos  |  A Obra  |  Contacta connosco


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.