O contido do Dicionario
de galego na
Internet ten coma base de partida o Dicionario normativo
editado por Ir Indo Edicións e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas
e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua
Galega en xullo de 2003, e tomando como base léxica o Vocabulario
Ortográfico da Lingua Galega(VOLGa).
Ademais, seguirá a orde alfabética internacional, polo que os dígrafos ch, ll e rr van
incluídos dentro das letras c, l e r,
respectivamente, e dividido en artigos ou lemas na súa forma en singular, agás
aquelas palabras do tipo abade/abadesa, heroe/heroína,
que teñen entrada propia no feminino, e a súa flexión de xénero, cando
corresponda, indicada coa última sílaba separada por un guión, ou co feminino
desenvolvido (Ex: cru, crúa),
que utilizan formalmente a letra azul escura grosa.
Aínda que se toma como base léxica o Vocabulario
Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa),
procedeuse a modificar algunhas solucións que non parecen as máis axeitadas.
Exemplo do VOLGa:
apocalipse
f Nota:
nome propio masc.;
No Dicionario de galego na Internet:
Apocalipse
1 s
f Estado
catastrófico de moi difícil resolución.
2 s
f RELIX Revelación
dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá.
3 s
f RELIX Último
libro do Novo
Testamento que
relata as visións e revelacións de san Xoán sobre a fin do mundo. OBS: Nesta
acepción adoita escribirse en maiúscula.
As entradas das palabras aparecen habitualmente pola forma masculina singular. A
desinencia feminina dos substantivos e adxectivos, no caso de tela, aparece a
continuación da forma masculina, no mesmo corpo ou tipo de letra e repetindo a
sílaba final completa (Ex: mozo
-za, sogro
-gra,
etc).
Tamén se recollen os substantivos ou adxectivos que, ao non presentaren
desinencia feminina, só constan dunha terminación (Ex: breve, xornalista,
etc). Cando os substantivos posúen un feminino totalmente diferente do masculino
(Ex: home
/ muller, boi
/ vaca,
etc) e aqueloutros que se forman con sufixos especiais (abade
/ abadesa, tsar
/ tsarina,
etc), teñen entrada propia.
Por outra banda, os plurais irregulares ou dubidosos son indicados entre
corchetes.
Exemplo:
real [pl:
reás]
álbum [pl:
álbums]
Excepcionalmente, algunhas palabras científicas, en especial ás pertencentes ás
ciencias biolóxicas, entraron coa forma en plural. Ex: acantocéfalos.
No caso de palabras homógrafas van seguindo a orde correlativa do superíndice
que as acompaña.
Exemplo:
1canto
s m MÚS…………..;
2canto
s m Pedra………..;
3canto
s m Aresta………..;
4canto -ta
rel……….
Correspondéndolle o primeiro lugar a aquela que non ten ningún acento ou signo
diacrítico.
Exemplo:
1ca
conx………….;
2ca
METROL Símbolo
de centiárea…………..;
3ca!
Interx……………………
Se se recollen elementos entre parénteses, estes non se terán en conta na
ordenación xeral das entradas.
Exemplo:
acant (o)-
pref Forma
prefixada de orixe grega...;
acantáceo -a
1 adx Relativo
ou pertencente...).
O sintagma que configura unha entrada e que se ordena por outra palabra distinta
da primeira presenta dúas partes diferentes: a que constitúe o núcleo principal
aparece en letra grosa e vai en primeiro lugar, e a parte secundaria, que na
ordenación normal iría antes da palabra principal, aparece en letra negra fina,
detrás e precedida dunha coma.
Exemplo:
balde, de
loc adv De
modo gratuíto…;
balde, en
loc adv De
xeito inútil.
Ademais, incorpora un gran número de palabras ata o de agora non recollidas na
tradición lexicográfica galega:
–Neoloxismos científicos e técnicos que responden a conceptos non recollidos,
descoñecidos ou moi pouco empregados.
Exemplo:
absorciometría
1 s
f METROL Medida
da enerxía radiante absorbida pola materia.
2 absorciometría
dual de fotóns MED Técnica
de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns que, ao atravesar o
organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados.
–Termos do léxico común que non se adoitaban incluír nos dicionarios, pero que
responden a unha correcta flexión gramatical.
Exemplo:
perrucaría
<
perruca + -aría
Aínda que se prescinde dos adverbios en -mente, facilmente
deducibles.
–Variantes fonéticas ou dialectais de uso moi espallado.
Exemplo:
aburbullar
v i ? barbulla.
zarzallar
v i ? froallar.
Préstamos e estranxeirismos
Considéranse préstamos aquelas
palabras de orixe non galega e incorporadas á lingua común, independentemente do
momento da súa entrada, que en moitos casos fan referencia a realidades alleas,
que se recollen con flexión galega, e en moitos casos coa indicación da súa
forma orixinal e lingua ou sistema de transcrición de orixe entre corchetes (Ex: burxita [ár:
burgi]).
Os estranxeirismos,
ou palabras que o galego tomou doutras linguas, van indicados cun asterisco á
dereita do lema e na súa forma orixinaria, seguidos da indicación da lingua de
orixe entre corchetes.
Exemplo:
abertzalismo*
[éusc]
s m POLÍT Doutrina
do nacionalismo vasco que defende a existencia da nación vasca e reivindica o
dereito á independencia dos
territorios de Euskal Herria: Araba, Bizkaia, Gipuzkoa e Nafarroa, baixo
soberanía española, e Lapurdi, Be-Nafarroa e Zuberoa, baixo
soberanía da República Francesa.
Cando se marca o significado dun termo, faise entre ‘comiñas simples’.
Exemplo:
acefal(o)-
pref Forma
prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado
de ‘sen cabeza, sen comezo’.
Termos científicos e técnicos
Para a clasificación dos seres vivos séguese o sistema binomial aceptado pola
comunidade científica, constituído polo xénero e a especie.
Exemplo:
lobo
[Canis lupus],
onde Canis é
o xénero e lupus a especie)…;
Os compostos químicos levan entre corchetes a fórmula química simplificada.
Exemplo:
cloranfenicol
[C11H12O5N2Cl2]…
E séguense as normas internacionais sobre nomenclatura química (IUPAC), e para
as unidades as das normas internacionais (Sistema Internacional de Unidades
[SI]), aínda que se adoita incluír como entrada a forma hispánica, con envío á
internacional.
Exemplo:
hercio
s m METROL ??hertz.
Acrónimos e abreviaturas
Introdúcense gran número de acrónimos e abreviaturas,
tanto galegos coma estranxeiros, debido ao seu amplo uso, e desenvólvense entre
corchetes.
Exemplo:
ABS
[ingl: Antiblockiersystem]…,
IRPF
[Imposto da Renda das Persoas Físicas]…,
IVE
[Imposto sobre o Valor Engadido])…
Microestrutura
Acepcións
Cada entrada pode ter á súa vez unha ou máis acepcións,
numeradas con caracteres arábigos en letra negra.
Exemplo:
abacelar
1 v
t Plantar
un terreo con bacelos ou cepas novas.
2 v
t Dobrar
e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e
formar unha planta nova e independente.
3 v
t Arrimar
terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.
Unha acepción pode conter dúas ou máis subacepcións,
que achegan matices ou especificacións que cómpre distinguir da definición xeral.
Estas irán numeradas en cursiva. Así mesmo, no corpo do artigo considéranse assubentradas,
grupos de palabras sen categoría gramatical especificada, que poderían posuír
entrada propia, pero que se inclúen como acepción ou subacepción en función da
súa dependencia do significado xeral, e van ordenadas dentro destas
alfabeticamente e en letra negra.
Exemplo:
abade
1 RELIX
1 s m Superior
ou máxima autoridade dunha abadía ou mosteiro, encargado do goberno da
comunidade monástica.
2 abade
exento/nullius Abade
exento da xurisdición episcopal.
3 abade
mitrado Abade
que usa insignias pontificais.
2 s
m RELIX Reitor
dunha parroquia.
Así, o criterio léxico de ordenación dentro das acepcións e subacepcións é, de
xeito xeral, o de uso, aínda que nos verbos se adopta o da categoría gramatical
(v
t-v
i-v
pron),
e nos nomes, o de adx-s-adv, polo xeral.
A etimoloxía
As entradas de léxico común preséntanse acompañadas da etimoloxía. Entre
paréntese indícase a lingua de orixe, mediante unha abreviatura e o termo de
procedencia. Este pode ir en alfabeto latino ou calquera outro, neste último
caso manterá a forma orixinal e a tradución.
Ex:
allo
< lat alliu;
cinético
< gr ????t???? ‘que pon en movemento’.
O símbolo < precede sempre á voz da que procede, sexa esta unha palabra doutra
lingua ou un termo en romance.
Ex:
amorío
(< amor)
amigo
(< lat amicu).
As formas hipotéticas, reconstruídas sen o apoio de documentación aparecen cun
asterisco.
Ex:
verza
(< lat v virdis < lat c *virdia)
Cando se precisa por claridade indicar o significado na lingua orixinaria
utilízanse as comiñas simples para sinalalo.
Ex:
amorodo
(< lat moru ‘mouro’)
Se queremos indicar a composición de máis dun termo dun mesmo étimo acudimos ao
signo +.
Ex:
amencer
(< ad ‘a’ + lat mane ‘mañá’ + suf scere)
Tradución a outras linguas
As entradas tradúcense a tres linguas: portugués (port), castelán (cast) e
inglés (ingl), respectivamente, e preséntanse entre corchetes, tras o étimo. De
cada entrada tradúcense as de uso máis frecuente e ordénanse polo número de
acepción.
Exemplo:
apañar
port: apanhar, recolher, pillar; cast: recoger; ingl: to get together, to catch.
Tamén aparece indicada a desinencia feminina nas palabras castelás e portuguesas
cando presenten un sufixo de xénero diferente ao do masculino.
Exemplo:
arriscado -da
port: arriscado -da; cast: arriesgado -da; ingl: risky, dangerous.
Nos artigos relativos á flora e fauna as distintas acepcións teñen o mesmo
tratamento cás entradas, polo que cada unha das especies introducidas en letra
negra van acompañadas da tradución nas tres linguas mencionadas.
Exemplo:
abeto
lat v abete < lat c abiete
port: abeto; cast: abeto; ingl: fir
1 s
m PLANTA Árbore
da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies,
Picea, Pseudotsuga ou Tsuga.Caracterízase
por ter acículas perennes que non sobrepasan os 35
mm, presentes só nos macroblastos.
2 abeto
branco [Abies
alba, subFam
das abietoideas] s
m Árbore
da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no
ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e
centro de Europa.
3 abeto
caucasiano [Abies
nordmanniana, subFam das abietoideas] PLANTA Árbore
da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.
4 abeto
de Douglas [Pseudotsuga
menziesii, subFam
das abietoideas] PLANTA Árbore
da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que
sobresaen tres dentes anchos.
Formas verbais
O dicionario desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de
considerar como entradas todas as formas verbais.
Exemplo:
ando
Primeira persoa do presente de indicativo do verbo andar.
Cando o verbo presenta alternancia vocálica indícase, despois da forma conxugada,
o timbre aberto ou pechado da vogal tónica mediante corchetes e segundo o
alfabeto fonético internacional (AFI).
Para facer esta clasificación, tivemos como referencia as publicacións de Manuel
Díaz Regueiro, Os
verbos galegos(1992)
e Normas ortográficas
e morfolóxicas do galego (1995),
publicadas pola RAG/ILG. Na nomenclatura dos tempos verbais óptase pola
terminoloxía fixada por esta última fronte á tradicional.
Gramática Tradicional Nova terminoloxía
_______________________________________
Pretérito Imperfecto Copretérito
Pretérito Perfecto Pretérito
Pretérito Pluscuamperfecto Antepretérito
Condicional Pospretérito
_______________________________________
Categorías gramaticais
As diferentes categorías
gramaticais dunha
palabra ou locución especifícanse en cada acepción en letra cursiva (adx,
s, adv...;
xénero: m,
f,...).
Cada unha das distintas acepcións vai acompañada da categoría gramatical, pero
cando a categoría dunha acepción é a mesma para todas as súas subacepcións, esta
especifícase dentro da acepción.
Exemplo:
abadía
1 s
f RELIX
1 Mosteiro
rexentado por un abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria do
bispo correspondente.
2 Edificio
ou conxunto de edificios dun mosteiro ou dunha colexiata.
2 s
f RELIX Casa
e terras colindantes que pertencen á Igrexa.
E se cada subacepción responde a diferentes categorías, ou se unha destas se
modifica, a indicación da categoría vai marcada en cada unha das subacepcións.
Exemplo:
abisinio -nia
1
1 adx Relativo
ou pertencente a Abisinia ou aos seus habitantes.
2 s Natural
ou habitante de Abisinia.
2 [....]
Ademais das categorías gramaticais, tamén se inclúen indicacións semánticas de
uso (fig, p ext)
e de nivel de lingua (fam, col...).
Todas estas informacións poden á súa vez incluírse ao final do artigo ou da
acepción correspondente coa abreviatura Tm ‘Tamén’,
que indica unha característica adxacente, gramatical ou semántica da principal.
Exemplo:
abelurio
1 adx Que
resulta molesto e insolente. Tm
s.
2 adx Que
gusta de enredar. Tm
s.
3 s
m Trasno
nocturno, doméstico e trouleiro.
Materias
As entradas ou acepcións de emprego específico en determinadas disciplinas van
indicadas con abreviaturas que determinan a rama de coñecemento á que pertencen.
Se a mesma acepción ten dúas ou máis disciplinas, indícanse por orde de
importancia separadas por unha barra (Ex: FILOS/LING).
Cando todas as subacepcións pertenzan á mesma materia,
esta indícase na acepción.
Exemplo:
afgán -gá
1
1 adx Relativo
ou pertencente a Afganistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
2 s Natural
ou habitante de Afganistán.
2 HIST/ETN
1 adx Relativo
ou pertencente ao pobo afgán.
2 s
Individuo do pobo afgán.
3 s
m pl Pobo
que habita en Afganistán e en áreas de Paquistán e Irán. 3 s
m LING Lingua indoirania oficial en Afganistán.
OBS: Tamén se denomina pashto.
Pero se cada subacepción responde a materias diferentes, ou se unha delas se
modifica con respecto ás demais, a materia correspondente marcarase dentro de
cada subacepción.
Exemplo:
calor
1
1 s
f FÍS Proceso
de transferencia de enerxía dun corpo ou dun sistema a outro como resultado da
diferenza de temperatura entre
ambos os dous.
2 s
f FÍS/FISIOL Aumento
de temperatura no corpo dun animal como resultado da súa actividade metabólica.
3 calor
atmosférica METEOR Calor
debida.
Sinónimos, antónimos e confrontacións
No tratamento da lexicografía e, por razóns de amplitude, introdúcense catro
campos: os sinónimos,
os antónimos, asvariantes e
as confrontacións.
As entradas léxicas, suxeitas aos cambios, enriquécense e relaciónanse unhas con
outras a través do fenómeno da sinonimia que se basea sempre nun principio de
identidade de significado, e que permite que dúas ou máis palabras diferentes co
mesmo significado poidan conmutarse entre si en calquera contexto e nos
diferentes actos de fala.
Agora ben, ás veces, o establecemento de sinónimos choca frontalmente con outro
aspecto lingüístico non relacionado directamente como son os rexistros ou usos
que fan referencia ás variantes
diafásicas,
e que tamén se recollen mediante unha abreviatura nesta obra.
Frases feitas e locucións
Por outra banda, considéranse de maneira diferenciada as frases
feitas que
se introducen ao final de cada entrada e non tras cada acepción debido, ás
veces, á dificultade de agrupalas nalgunha delas. A frase feita márcase en letra
grosa seguida dun punto e da aclaración.
Exemplo:
A entrada mar inclúe
dentro do epígrafe FRAS: A
mares.
Abundantemente, en gran cantidade. Andar
ao mar.
Estar ocupado realizando traballos de pesca. Arar
no mar/dar golpes ao mar. Perder
tempo nun esforzo que non vai dar resultado. Baixar
o mar. Descender
a marea. Bater
o mar.
Cando o mar golpea a costa con grandes ondas. Correr
o mar.Navegar
sen destino ou rumbo fixo...
Inclúense tamén nesta clasificación os refráns.
Tradición oral e citas
As definicións de cada unha das entradas, acepcións ou subacepcións procuran en
todo momento a claridade e evítanse os conceptos complexos que poidan complicar
a súa comprensión. Con este fin introdúcense, cando cómpre, exemplos xa
rexistrados na tradición onde se recolle o termo definido.
Inclúense nesta clasificación os exemplos tomados da tradición popular (agás os
refráns que se recollen como frases feitas).
Observacións
Algunhas voces ou acepcións poden ir acompañadas de distinta información, léxica
ou gramatical, que se recolle coa abreviatura OBS: ‘observación’, que vai na
acepción concreta á que fai referencia, e cando compete a toda a entrada vai na
última acepción.
Exemplo:
2a(n)-
pref Forma
prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado
de ‘negación, privación, separación,
afastamento’. OBS: Presenta o alomorfo an- cando
vai diante de vogal ou h.
Nos termos de léxico científico ou técnico é habitual que se indiquen deste
xeito outros termos ou designacións sinonímicas que xeralmente foron marcadas
como envíos desde o termo equivalente.
Exemplo:
acetaldehido
1 [C2H4O] s
m QUÍM Líquido
moi volátil, inflamable, irritante, narcótico e de olor penetrante. É un
intermediario importante en varios
procesos bioquímicos.
2 acetaldehido
amoníaco [C2H7ON] QUÍM Sólido
pouco estable ao aire, soluble en auga. OBS: Tamén se denominaaldehido
amoníaco.
Remisións
As remisións das
entradas léxicas só se dan dunha maneira directa cando se indica que dúas
palabras son sinónimas en todas as súas acepcións.
Exemplo:
abarcábel
adx ? abarcable.
Ou cando a sinonimia afecta a unha acepción concreta que vai identificada cunha
determinada materia. Exemplo:
aretoloxía
s f FILOS ? ética.
Nos participios, faise unha remisión ao verbo do que derivan.
Exemplo:
zafado -da
1 p
reg ? zafar.
2 adx Que
non ten a cara limpa.
3 adx Que
non ten vergonza.